8 de marzo, día da muller traballadora

>> 26 de mar. de 2008

A comezos do século XX, moitas mullers incorporáronse ó traballo nas fábricas nunhas condicións moi duras: xornadas laborais moi longas, de doce e máis horas, recibindo salarios inferiores ós dos homes. 


A medida que as mulleres se ían incorporando ao mundo laboral, facíase máis evidente que aquela situación non era xusta, e pouco a pouco empezaron a organizarse.


Unha das protestas, reivindicando mellores condicións laborais, foi a que protagonizaron as traballadoras da fábrica téxtil Cotton de Nova York, en Estados Unidos.


Era o 8 de marzo de 1908 e as traballadoras encerráronse no interior para pedir que se lles reducira a súa xornada laboral a 10 horas.


Os propietarios da fábrica decidiron incendiar o edificio para facelas saír de alí, pero o resultado foi de 129 traballadoras mortas.


A cor lila con que se identifica este día é porque dese ton era o tecido que estaban a facer as obreiras o día que morreron.


Estes son os feitos puntuais, que nos serven de referencia concreta para conmemorar este día, pero o 8 de marzo é moito máis que a celebración duns feitos concretos. Por iso, neste día, adicamos unha xornada de reflexión sobre o longo camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.


Só temos que fixarnos que entre o ano 1908, en que sucederon os feitos da fábrica Cotton en Nova York, e 1975 cando Nacións Unidas declara o 8 de marzo "Día Internacional da Muller", pasaron case 70 anos.


O día da muller traballadora é unha xornada de conmemoración, e non de celebración, porque recorda uns feitos moi desgraciados como para festexalos.


Todo isto deu pé, ás mulleres, a tomar iniciativas para ser tratadas co respecto que se merecen tódolos seres humanos.


O que se reivindica é unha igualdade de dereitos entre  ámbolos sexos, e non só na redacción das leis, senón na aplicación das mesmas e nos seus resultados, pois unha lei magnífica pode ser mal aplicada e incluso, estando ben aplicada, pode ir en contra dos obxectivos cos que se deseñara dita lei.


Estes aspectos deben seguir sendo reivindicados, pois o obxectivo final da igualdade non se conseguíu e, para elo, simplemente temos que remitirnos aos datos de desemprego, horas de traballo dentro do fogar e fóra del, posición laboral, soldos, abusos, agresións, etc.


Aínda queda moito por facer e hai marxe para mellorar o apoio ás familias no ámbito salarial, fiscal e educativo: equiparación salarial, mellora nas prestacións fiscais por fillos, ampliación da educación gratuíta aos cero anos para favorecer a incorporación da muller ao traballo...


Por outra banda, é prioritario incidir na formación cultural e educativa, para erradicar hábitos e culturas de discriminación, de marxinación ou de violencia de xénero.


Non debemos esquecernos das mulleres inmigrantes que por ser muller e por ser inmigrante sofre un dobre proceso de discriminación, que as fai especialmente vulnerables.


As conquistas foron moitas desde 1908, pero queda dabondo por facer.


Declaración redactada e lida por Soledad González Sánchez o 8 de marzo de 2010, na conmemoración do Día Internacional da Muller

0 comentarios:

About This Blog

Lorem Ipsum

  © Blogger templates Shiny by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP