Quen Somos

>> 4 de dez. de 2008

O 23 de febreiro do ano 1996 reúnense no barrio do Castiñeiriño, en Santiago de Compostela, un grupo de once mulleres con idea de constituír unha asociación, movéndoas a creala a necesidade que detectaban no ámbito asociativo ó non existir ningunha entidade que se adicara a este sector de poboación.

Así, co nome de "Asociación de Mulleres Recandea" créase nesa data dita entidade cos seguintes fins:

  1. Fomentar a comunicación entre a poboación do barrio
  2. Lograr a participación activa da muller nos distintos ámbitos sociais
  3. Promover a formación e información necesarias para o desenvolvemento das habilidades persoais
  4. Fomentar actividades lúdicas, culturais e de formación
Para a consecución destes fins, desde a asociación organizamos curos, conferencias, excursións, visitas culturais e outras moitas actividades.

Desde a súa fundación esta asociación percorreu moito camiño, e de aquelas 11 mulleres que estiveron no nacemento da mesma ata agora o número de socias non parou de medrar, chegando ás 116 que somos agora e que esperamos seguir a medrar moitos anos máis.

About This Blog

Lorem Ipsum

  © Blogger templates Shiny by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP