MEMORIA DE ACTIVIDADES DO ANO 2009

MEMORIA DE ACTIVIDADES DO ANO 2009

FOMENTO ASOCIATIVO OU COMUNITARIO

Descrición:
Promoción do asociacionismo e da participación das mulleres na vida social, cultural e comunitaria do concello, a través da súa participación en accións dirixidas á totalidade dos veciños do barrio do Castiñeiriño (teatro, viaxes) e outras dirixidas en concreto ó colectivo da muller (promoción do asociacionismo entre as mulleres, encontros entre as socias, xestión interna da asoc.…)

Ámbito de actuación da actividade:
Esta acción desenvólvese principalmente no territorio do barrio do Castiñeiriño se ben a asociación tamén conta con socias de outras zonas de Santiago.

Beneficiarias:
As accións de fomento asociativo diríxense á totalidade da poboación feminina do barrio, contando esta entidade na actualidade con un total de 116 socias, beneficiarias directas desta acción.

Duración da acción:
Esta acción desenvólvese ó longo de todo o ano ininterrumpidamente.

Custo da actividade:
809,02 €

Fontes de financiamento:
Asociación


OCIO E CULTURA

Descrición:
Realización de diferentes actividades culturais en torno a tres actividades conformadas por diferentes accións:
Obradoiros artísticos e artesanais:
obradoiro de manualidades
obradoiro de bolillos
obradoiro de cestos de Nadal
Viaxes culturais:
Viaxe a León
Viaxe a Portugal
Teatro:
“Casados de pouco” e “A tia Lambida” de Trangalleiro Teatro de Brión

Ámbito de actuación da actividade:
A promoción desta acción realizouse en todo o territorio do barrio do Castiñeiriño e noutras zonas do Concello de Santiago, a través das socias desas zonas, notas en prensa, entrevistas na radio e o blog da asociación.
Olugar de realización varía segundo a actividade:
Obradoiros artísticos e artesanais: os obradoiros realizáronse na súa totalidade no Centro Socio Cultural Agustín Bueno do Castiñeiriño
Viaxes culturais: o punto de partida foi o barrio do Castiñeiriño
Teatro: esta actividades tamén se desenvolveu no CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño

Beneficiarias/os:
O número de mulleres e homes que participaron nesta acción foi de 177:
Obradoiros: 37
Viaxes: 104
Teatro: 36

Duración da acción:
Esta acción desenvolveuse ó longo de todo o ano 2009
Obradoiros de manualidades e bolillos: xaneiro a xuño e setembro a decembro 2009
Obradoiro de cestos de Nadal: 19/12/2009
Viaxe a León: 06/06/2009
Viaxe a Portugal: 25/10/2009
Teatro: 12/12/2009


SAÚDE E NATUREZA

Descrición:
Actividades de promoción da sáude física e psicolóxica en torno a tres accións concretas:
Ximnasia de mantemento
Obradoiro de relaxación
Outono saudable (charlas sobre temas relacionados coa saúde):
Gripe A: que debemos saber.
Presente e futuro da enfermidade do Alzheimer

Ámbito de actuación da actividade:
A promoción desta acción realizouse en todo o territorio do barrio do Castiñeiriño e noutras zonas do Concello de Santiago, a través das socias desas zonas, notas en prensa, entrevistas na radio e o blog da asociación.
Este programa desenvolveuse na súa totalidade nas instalacións do CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño.

Beneficiarias:
As/os beneficiarias/os deste programa foron 81 persoas, na súa maior parte do barrio do Castiñeiriño.

Duración da acción:
Este programa desenvólvese ó longo de todo o ano, en concreto:
Ximnasia de mantemento: de xaneiro a xuño e de outubro a decembro
Obradoiro de relaxación: de abril a xuño
Charla sobre a Gripe A: 21 de outubro
Charla sobre o Alzheimer: 23 de novembro

Read more...

About This Blog

Lorem Ipsum

  © Blogger templates Shiny by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP